Públicado na intranet da Xunta:
Publicamos o censo electoral elaborado polos servizos centrais da Mutualidade Xeral Xudicial, ao abeiro do contido do artigo 4 da Orde ministerial do 16.06.1982 (BOE núm. 151, do 25 de xuño) pola cal se ditan as normas electorais para a renovación da Asemblea Xeral da Mutualidade Xeral Xudicial.
Durante o período de publicación do censo (desde o 24.02.2010 ata o 06.03.2010), os mutualistas poderán formular observacións e reclamacións sobre os posibles erros que puidese ter en relación con nomes, destinos ou empregos, así como tamén sobre posibles inclusións ou exclusións indebidas nel, por medio de escrito dirixido ao Excmo. Sr. Presidente do TSXG, que o é tamén da Mesa Electoral Territorial (fax 981 182 297).
Podedes consultar o edicto e mais os censos por provincias nas seguintes ligazóns:
- edicto
- censo provincia A Coruña - censo provincia Lugo - censo provincia Ourense - censo provincia Pontevedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario