
CSI.F JUSTICIA INFORMA
Por parte da Dirección Xeral de Xustiza fixosenos chegar a seguinte comunicación:
Estando próxima a xubilación do Secretario do Xulgado de Paz de Boiro (A Coruña), esta dirección xeral acordou convocar a cobertura da praza mediante provisión temporal. Tamén remitiu ao Ministerio de Justicia a solicitude de inclusión desta praza como vacante para o vindeiro concurso de traslados.
Estando tan próxima a xubilación, a convocatoria da praza soamente sairá publicada na intranet xudicial e na páxina web da Xunta dende maña (non se publicará no DOG).
O prazo de presentación de instancias será do 15 ao 22 ambos incluídos.
As instancias soamente remitiránse a esta dirección xeral por fax: 981 546222.
Xúntanse os arquivos coa convocatoria e a instancia.
Convocatoria
No hay comentarios:
Publicar un comentario