Google Website Translator Gadget

martes, 24 de mayo de 2011

BOLSA DE EMPREGO PARA TECNICO DEPORTES CONCELLO DE MARIN

CSIF               JUSTICIA INFORMA


OS AXENTES DE EMPREGO DA CSIF PONTEVEDRA INFORMAN DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE TÉCNICO DE DEPORTES  NO CONCELLO DE MARIN
Esta convocatoria ten por obxecto a selección de persoal para a formación dunha bolsa de traballo de TÉCNICO DE DEPORTES, polo procedemento de CONCURSO - OPOSICIÓN LIBRE, para os supostos en que sexa precisa a contratación laboral temporal na citada categoría.
Requisitos:
1.— Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do previsto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 deabril, do estatuto Básico do Empregado Público relativo o acceso a función pública dos nacionais doutros países.
2.—Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas de Técnico de deportes
3.—Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
4.—Non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.  No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso o emprego público.
5.—Estar en posesión, ou en condición de obter, no día en que remate a presentación de instancias,o título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas ou superior: Diplomatura en Maxisterio Especialidade en Educación Física, Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.        No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá acreditarse fidedignamente a súa homologación.
6.—Aboamento dos dereitos de exame por importe de 18,03 euros, que poderá efectuarse na Tesourería Municipal do Concello ou mediante ingreso na conta xeral do Concello nº 2080-0430-38-0040102174.
Solicitudes
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que figura como Anexo I a convocatoria, que deberá presentarse no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES dende a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
BASES NO BOP NÚM. 97 LUNES 23 DE MAYO DE 2011 PÁG. 109

No hay comentarios:

Publicar un comentario