Google Website Translator Gadget

martes, 31 de mayo de 2011

Os Axentes de Emprego de Pontevedra informan da convocatoria de 7 prazas de técnicos medio de Administración Xeral no Conceloo da Coruña

CSIF               JUSTICIA INFORMA


BASES DE CONVOCATORIA DE 7 PRAZAS DE TÉCNICOS MEDIO DE ADMINISTRACIÓN XERAL DO CONCELLO DA CORUÑA
No BOP da Coruña de 25 maio de 2011 publicouse as bases da convocatoria de 7 prazas de Técnicos Medio de Administración Xeral, Grupo A, Subgrupo A2 a cubrir por quenda libre (resérvase 1 praza para persoas con minusvalidez), polo sistema de oposición.
Titulación: Estar en posesión do título de Enxeñeiro técnico ou diplomado universitario. Conforme á disposición adicional quinta da lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, considerarase equivalente ao título de Diplomado universitario superar tres cursos completos de licenciatura. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
SOLICITUDES
As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Coruña, e presentaranse no rexistro xeral.Á instancia deberase acompañar:Fotocopia do DNI.Carta de pagamento acreditativa do aboamento, salvo as persoas exentas, do importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento.
Fotocopia compulsada do título esixido.
Título acreditativo de estar en posesión do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA IV ou equivalente, ao obxecto de ser declarado exento da realización do sexto exercicio.Prazo: 20 días contados dende o seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Taxas: 19,31 €. Están exentos de pagamento as persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33% e os demandantes de emprego durante un prazo, polo menos, de seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas que solicite a súa participación. Para iso deberá presentar o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario