Google Website Translator Gadget

martes, 3 de mayo de 2011

A Xunta aboou as nóminas de abril o pasado venres, día 29

CSIF               JUSTICIA INFORMA

Por parte da Conselleria de Facenda, publicouse o seguinte comunicado en relación ca falta de pago do mes de Abril a parte do persoal funcionario ó servicio da Administración de Xustiza en galicia.


Ante as queixas dalgúns empregados públicos por retrasos no pagamento, o Goberno galego está analizando os motivos
O Executivo autonómico tomará as medidas contractuais pertinentes cando se comproben os posibles incumprimentos por parte das entidades financeiras

Santiago, 2 de maio de 2011- A Xunta de Galicia aboou o pasado venres día 29 de abril, a media mañá, as nóminas dos empregados públicos dependentes da Administración autonómica tal e como ven sendo habitual.

O fixo xusto o mesmo día que recibiu a transferencia mensual do Estado, que leva tres meses facéndoa efectiva o último día administrativo do mes, cando anteriormente o facía catro ou cinco días antes.

Esta mañá, ante as queixas dalgúns empregados públicos por retrasos nos pagamentos das súas nóminas, o Goberno galego está analizando todas as circunstancias que aconteceron para coñecer os motivos destas demoras.

O Executivo autonómico, unha vez que comprobe os posibles incumprimentos por parte das entidades financeiras que non aboaron en prazo as nóminas, tomará as medidas contractuais previstas.

Hai que lembrar que a obrigatoriedade legal da Administración autonómica é pagar o primeiro día hábil de cada mes, pero de maneira habitual o ven facendo dous días antes, algo que ten a intención de manter no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario