Google Website Translator Gadget

domingo, 25 de marzo de 2012

A Rede CeMIT pon en marcha catro novos cursos de alfabetización dixital para maiores, nenos, desempregados e empresas

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


Punto contenido

Impartirase novas edicións do curso de "Iniciación á Informática" adaptadas ás necesidades pedagóxicas de persoas maiores e nenos

Punto contenido

Incorpóranse á programación os cursos "Google Apps", sobre as vantaxes e posibilidades deste servizo e "Elabora o teu CV" para que as persoas que o precisen saquen o máximo proveito do seu perfil profesional

Punto contenido

Antes do verán comezará a funcionar a plataforma de Teleformación con nove cursos que os usuarios poderán realizar desde calquera punto con acceso a Internet


A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, CeMIT, pon a disposición dos usuarios das súas 98 aulas catro novos cursos de alfabetización dixital dentro do Plan de Formación 2012. Esta oferta formativa supón, por unha banda, un aumento das temáticas dispoñibles e, por outra, a mellora na calidade do ensino grazas  a adaptación pedagóxica e metodolóxica de cursos xa existentes no actual Plan de Formación.

Este é o caso do curso de formación dixital básica, "Iniciación á informática", que xa se viña impartindo e que agora  terá dúas edicións específicas, unha para  persoas maiores e outra para nenos, adaptando os seus contidos ás necesidades pedagóxicas de cada un destes  colectivos.

Ademais, as programacións das distintas aulas CeMIT poderán incluír desde agora o curso "Google Apps",  que se ensinará tanto a cidadanía en xeral como aos autónomos e empresas as posibilidades que ofrecen as aplicacións deste servizo gratuíto proporcionado por Google.

Finalmente, para o colectivo de persoas desempregadas, incorporase ao Plan de Formación da Rede o curso "Elabora o teu CV", co que se pretende axudar as persoas que o precisen a sacar o máximo proveito ao seu perfil profesional e laboral a través do seu curriculum vitae.

Ademais, está previsto o inicio nas vindeiras semanas doutros 4 novos cursos presenciais, que promoverán o uso das aplicacións ofimáticas sobre procesadores de texto, follas de cálculo e bases de datos a nivel usuario, así como a adaptación do curso de "Redes sociais" ás características cognitivas e metodolóxicas do colectivo de maiores.

Teleformación

Por outra banda, e segundo o previsto no Plan de Formación 2012 a Rede CeMIT porá en marcha a formación online no "Espazo Multimedia de Aprendizaxe" antes do próximo verán.  A nova plataforma comezará a súa andaina con 9 cursos de formación online: Gimp (Edición de Imaxes); Openshot (Edición e montaxe de vídeo); Audacity (Montaxe de audio); Elaboración de videotitoriais; Inkscape (Elaboración de carteis e folletos); Mecanografía; Abanq; Lei Orgánica de Protección de Datos; Exercita a túa memoria a través das novas tecnoloxías, Prevención de Riscos Laborais no uso das TIC.

No último ano a Rede CeMIT , rexistrou 11.700 horas de formación en alfabetización dixital. A previsión para 2012 é aumentar considerablemente esta cifra ata superar as 20.000 horas de formación, que beneficiarán a máis de 15.000 usuarios.

Rede CeMIT

A Rede CeMIT, está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

A localización das aulas e os contidos do Plan de Formación e da carta de servizos están dispoñibles non enlacehttp://cemit.xunta.es.

Fonte: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario