Google Website Translator Gadget

miércoles, 25 de mayo de 2011

A Xunta está a instalar pantallas en edificios xudiciais das catro provincias galegas para informar dos sinalamentos e o lugar das vistas que se están a celebrar

iMit CSIF               JUSTICIA INFORMA


Punto contenido


Cidadáns e profesionais da xustiza poderán ver nestes dispositivos a hora, órgano xudicial, expediente, procedemento, sala e estado

Punto contenido

Ata agora esta información só se podía consultar en papel na porta da sala de visitas

Santiago de Compostela | 15/05/11
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a completar a instalación de 17 pantallas de información pública en edificios xudiciais das catro provincias galegas. O obxectivo destes dispositivos é informar aos cidadáns e aos profesionais de xustiza sobre os sinalamentos de procedementos que van a ter lugar e o lugar de realización de ditas vistas xudiciais.

A información que se mostrará fará referencia á hora, órgano xudicial, expediente, procedemento, sala e estado no que se atopa o sinalamento na axenda Minerva e que ata o momento só se poden consultar en papel na porta da sala de vistas. A información das pantallas estará actualizada en tempo real, de xeito que se mostra calquera cambio ou modificación no momento en que se produza na devandita axenda de sinalamentos de Minerva.

En cada pantalla mostrarase a información dos procedementos con actos sinalados para ese día na axenda de sinalamentos do sistema de xestión procesual Minerva, ordenados pola hora na que se van a celebrar. Estes datos son proporcionados por cada órgano xudicial a o sistema.

As pantallas estanse a distribuír do seguinte xeito: na Coruña o edificio dos xulgados conta con tres pantallas e outras tres na Audiencia; en Ourense están instaladas 4 pantallas no Pazo de Xustiza; en Pontevedra o edificio dos Xulgados da Parda conta con unha pantalla e o da Audiencia Provincial con tres; en Lugo o edificio dos Xulgados dispón dunha pantalla e a Audiencia doutras dúas.

Modernización da Xustiza
Este proxecto enmárcase no Plan Senda 2104 para a modernización da Xustiza, que ten un orzamento de 34 millóns de euros, dos cales xa se levan investidos cinco dende a súa posta en marcha. Entre os seus obxectivos están os de garantir un modelo de Tecnoloxías da Información e Comunicación de maior calidade e unha maior interoperatibilidade entre os sistemas para facilitar unha xustiza transparente, eficaz e próxima a cidadanía.

Fonte: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario