Google Website Translator Gadget

jueves, 15 de abril de 2010

O Concello buscará posibles emprazamentos para o cuarto Xulgado

:: Canal Rías Baixas � TVSB :: O canal dixital da túa comarca - O Concello buscará posibles emprazamentos para o cuarto Xulgado: "O Concello buscará posibles emprazamentos para o cuarto Xulgado"



VILAGARCÍA; Ante a falta de compromiso público por parte da Consellería, de crear cara ao ano que ven, esecuarto xulgado, as mobilizacións de empregados dos xulgados, seguirán levándose a cabo. Hoxe decidiron facer unha pequena marcha ata o concello, en vez do paro das derradeiras semanas. Unha vez en Ravella, solicitaron tamén a entrevista coa alcaldesa.
O actual edificio que alberga os tres xulgados, non ten capacidade para un cuarto, polo tanto, precisan un solar onde construír as novas instalacións. Os traballadores aseguran que lles están a dar evasivas respostas dende a Consellería, pero eles, teñen argumentos para botar por terra toda escusa posible. Os empregados dos Xulgados vilagarciáns, aseguran que non cesarán nas súas mobilizacións, ata obter o compromiso público de crear o cuarto xulgado, por parte do Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
A alcaldesa Dolores García apoia á Xunta de Persoal, ten uns terreos en mente onde poder construír o novo edificio, pero haberá que aprobalo no pleno de fin de mes. Para poñer en coñecemento de todos os portavoces do goberno local, a situación dos Xulgados, a alcaldesa convidou a dous representantes da Xunta de Persoal o vindeiro día 21.
Redacción Salnés

No hay comentarios:

Publicar un comentario